O teu carriño actualmente está baleiro!
VOLVER FACER DA FOLĪA UN ESPAZO ONDE TROUPELEAR.
ONDE RIR AS PENAS E CHORAR AS ALEGRÍAS.
Mondra
ARDĒN – FOLĪA das ARDENTES
Mondra é artista, cantareiro e bailador. Medra vencellado á música e ao baile tradicional galego, así como como ao teatro e o audiovisual. Dende 2021, forma parte, como vocalista e bailador, de DeMente, da compañía de danza Fran Sieira, unha das pezas con maior percorrido na historia da danza galega. No 2024, recibirá o Premio Alfredo Iglesias, da Revista Coralia, a Artista Revelación.
En setembro de 2023, publica ARDĒN (Altafonte Music Spain), o seu primeiro traballo discográfico, producido por Berto. O álbum presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega. É unha proposta íntima e irreverente a un tempo, un relato de resistencia e celebración.
EN ARDĒN HÓNRANOS O RESISTIR NA TERRA. HÓNRANNOS O ORGULLO DE SER A VALENTÍA DE ESTAR ARDENTES. PORQUE, POR ENRIBA DE QUEN NON NOS QUERE LIBRES, A FOLĪA SEGUE A SER O NOSO ESPAZO LIBERTARIO.
ARDENTES, a ruare!
Ficha técnica
- Xénero: Tradicional – Electrónica
- Formato: música e danza
- Duración do espectáculo: 70 minutos
- Elenco: son ARDENTES Artur Puga e Julia Sánchez-Biezma, ás percusións; e Sabela Domínguez, Julia Laport, Jandros Rodríguez e Daniel Valde, na danza; baixo a dirección artística do bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez.
- Ligazóns: