Leria

Moita vida e moita leria

LERIA é un proxecto coruñés que xorde no 2021 nas rúas da Coruña. Unha aposta pola música indie na nosa lingua, con referentes como Love of lesbian, Ginebras, Vetusta Morla ou Miss Cafeína.

Ofrecen un directo sólido, enérxico, intenso e divertido a partes iguais; onde o público poderá tanto desfrutar dos seus temas máis íntimos, como festexar con aqueles máis “bailables”.

A estética de LERIA aférrase a correntes artísticas coloridas e chamativas, cunha mensaxe tanto reivindicativa como informal e divertida.

No ano 2023, LERIA resultan gañadoras do concurso “Novos Valores”, abrindo así as festas do Apóstolo (Santiago de Compostela) no Festigal. Nesta ocasión comparten cartaz e escenario con artistas referentes en Galicia.

En marzo do 2024 presentarán “Marusía” o seu primeiro disco por todos os escenarios de Galicia.

Ficha técnica

  • Xénero: Indie – Pop
  • Elenco: Andrea López (teclados e coros), Mayra Vila (voz principal e guitarra), Itzi de Blas (baixo e coros) e Helena Barreiro (batería/percusións e coros).
  • Duración do espectáculo: 70 – 80 minutos